Actividade 2

DESEÑAMOS AS RUTAS

Coas obras seleccionadas, definimos unha ou varias rutas para visitar aqueles lugares imprescindibles no noso concello.

Podemos facer unha única ruta ou varias en función do número de fitos que queiramos amosar, a extensión do noso concello, distancia nas rutas. É interesante que usemos o propio Camiño de Santiago como referencia, pois moitos dos fitos a visitar están relacionados co mesmo.

Podes utilizar Google Maps para calcular a distancia entre cada fito e elaborar as rutas propostas.

  • Localiza o teu concello.
  • Indica os puntos de interese a visitar.
  • Calcula as distancias
  • Deseña a ruta

O NOSO MAPA DE RUTAS

A continuación deseñaremos nun mapa a nosa proposta. Podemos marcar os bens destacados do noso patrimonio, sinalizando onde se atopan.

En cada fito de interese podemos incorporar un código QR, de tal forma que calquera persoa, co seu móbil, poderá acceder á información que temos de cada obxecto, monumento ou xacemento.

Ademais poderemos crear un mapa físicamente no noso centro escolar que recolla todos os fitos de interese do noso concello para a consulta de todos.

muller con mobil lendo mapa con QR